Desde hai xa uns anos a comunidade da Redeira vén colaborando coa universidade de Vigo desde distintos ámbitos. Estes proxectos comenzaron grazas á rede que se vai tecendo aos poucos entre persoas activas da cidade de Pontevedra. En concreto Rosa Ricoy, docente da universidade, comezou a participar das nosas xuntanzas xa desde 2018.

Aos poucos foise dando conta de que o seu alumnado podía ser parte deste movemento co fin de conseguir ter contacto real durante os estudos universitarios con entidades, empresas, persoas e activistas da cidade para enriquecer as súas visións.

Gobernanza glocal: unha mirada crítica e colaborativa aos problemas globais de repercusión local

Meu dito meu feito, Rosa comenzou a traballar coa coordinadora de A Redeira Mariem Filgueira en como desenvolver o proxecto de aprendizaxe servizo Gobernanza glocal: unha mirada crítica e colaborativa aos problemas globais de repercusión local . Esta iniciativa foi seleccionada na convocatoria de innovación educativa en ApS impulsada pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, e insírese nas actividades da materia Gobernanza, Globalización e Dereitos Humanos.

Neste podcast de Pontebrújula, asociación coa que colaboramos periódicamente, podes coñecer en profundidade en que consiste este proxecto.

A Redeira nas mesas de debate

A estrutura do proxecto era a seguinte: cada estudante debía realizar un estudo de caso enfocado nas seguintes temáticas:

  1. Intelixencia artificial e sesgos.

2. Demanda de participación na cidade, asambleas cidadás e democracia.

3. Seguridade alimentaria e desperdicio de alimentos.

4. Economía circular.

Sumáronse unha vintena de estudantes. Tras o análisis da temática por parte do alumnado desenvolvéronse sesións de debate online e presenciais nas que participaron persoas da comunidade da Redeira para dar a súa visión.

Nas mesas de traballo sobre intelixencia artificial reflexionouse, coas nosas persoas redeiras David e César e co equipo de Pontebrújula, sobre como as novas tecnoloxías vulneran os nosos dereitos fundamentais ou se percibimos sesgos de xénero, idade, raza, etc discriminatorios.

Coa experiencia das nosas redeiras da Asociación Amarinda e De Vella a Bella repensamos sobre se é posible organizar a persoas maiores para aproveitar a súa sabiduría e influencia no deseño e implementación de políticas sociais ou se as entidades públicas toman en conta a opinión e necesidades das persoas da 3ª idade.

Grazas as ideas e aportacións de Hugo e Fermín, aclaramos conceptos sobre en que consiste a Economía circular e como podermos buscar solucións ao desperdicio de alimentos.

Categories:

Tags:

Comments are closed