Que é A toda vela?

Nace o Programa A toda Vela enfocado en acompañar ás persoas que queiran reflexionar/pensar/analizar/poñerse en acción, sobre unha lideira que teñen na cabeza dende hai tempo.

A toda Vela” é un acompañamento integral e totalmente personalizado, onde acompañarémosche para reflexionar contigo sobre unha idea que te anda a roldar pola cabeza, tomar decisións, armar a túa visión a curto, medio e longo prazo, expor o teu plan de acción… Poñer estrutura, orden e foco.

Se sintes que queres reactivarte porque cres que estás estancada ou se precisas facer un cambio e non sabes ben por onde ir, non o dubides, “A toda Vela” é o teu plan para os vindeiros meses.

Nestes momentos é esencial unirnos, compartir experiencias e inquedanzas, axudarnos e camiñar en boa compañía. A Redeira PO2 é un espazo para a reflexión, o pensamento e a acción. É un espazo libre onde podes sentir axuda e tamén axudar ás demáis persoas que forman parte da rede e da túa contorna.

Como o faremos?

Nas sesións individuais de ao redor dunha hora conseguiremos gañar Consciencia e Claridade, seguindo a metodoloxía de “Dentro cara a Afora” e de “Estratexia e Foco”.

De cada sesión poderás levarte un plan de acción aliñado co teu obxectivo e contigo, polo que terás un espazo de reflexión e tamén accións concretas.

Ademáis desta viaxe individual, formarás parte da Rede PO2 de A Redeira e do Peto Colaborativo, participando nas reunións grupais que organizaremos, ampliando así a túa rede e posibilidades de compartir tempo e ideas con outras persoas.

Como podes participar?

Para participar so tes que ter motivación e ganas de reflexionar en compañía. Ponte en contacto con nós no correo ola@aredeira.tal e darémosche toda a información.

Categories:

Tags:

Comments are closed