Sobre A Redeira

“O intercambio porque si, porque quero”

Frente ó individualismo do día a día, os bancos do tempo e proxectos como A Redeira, crean espazos inspiradores para que todas as persoas, dende ás crianzas ata as persoas máis maiores, fagamos unha cidade de oportunidades, dinámica, solidaria e activa, tendo como único requisito o pago de tempo, é dicir, o intercambio de horas por estar con outras persoas compartindo ideas, axuda, coñecemento, etc., utilizando a ferramenta do Peto Colaborativo para estas transferencias de tempo.

 

“A Redeira é un espazo de liberdade e Inspiración Colectiva que funciona como un banco de tempo”

 

Quen pode formar parte de A Redeira?

TODAS AS PERSOAS, tanto as que son emprendedoras, autónomas, na busca de oportunidade laborais, empresarias, xubiladas activas, nenos e nenas, re-emprendedoras…

 

Como funciona?

Para intercambiar o tempo temos varias opcións:

  1. De persoa a persoa: A esta opción chamámoslle EnFoque, é o funcionamento normal dun banco de tempo, unha persoa solicita ou demanda axuda por un tema que necesita e queda con outra.
  2. De persoa a varias persoas: Esta opción é cando se organizan u ofertan sesións grupais, charlas, obradoiros, etc. O intercambio é que unha persoa aporta o seu tempo a varias persoas.
  3. De varias persoas a unha persoa: Esta opción é cando una persoa necesita ou demanda axuda de varias persoas; un exemplo deste caso son o que chamamos Lareira.
  4. De varias persoas a varias persoas: Esta opción trata de organizar eventos, charlas, etc. pero grazas á unión de varias persoas.
  5. De varias persoas á cidade: Esta opción é cando facemos entre varias persoas de A Redeira o reto común onde o foco é toda a cidadanía. Case sempre está orquestada polo equipo que conforma ós sistemas de co-xestión de A Redeira.

“O único requisito de pago é o de intercambiar horas por ideas, servizos e coñecemento a través dunha banca colaborativa”

 

Cómo podo formar parte de A Redeira?

Tan só tes que escribir un correo a ola@aredeira.gal ou cubrir o formulario que tes máis abaixo para que podamos comunicarnos contigo.

 

Que é eso da co-xestión?

A Redeira é un espazo coxestionado entre o Concello de Pontevedra e as propias persoas usuarias do mesmo que se implican na gobernanza do mesmo e se apoderan del. Podes visitar a nosa páxina de Peto Colaborativo para poder votarlle un ollo á organización.

 

Onde nos inspiramos para crear A Redeira?

A Redeira nace e se inspira no programa La Colaboradora de Zaragoza Activa. Programa premiado en Eurocities 2016 que recoñece as iniciativas que melloran de forma sustancial a vida da ciudadanía e Premio Ouishare 2015 para entrar na red P2P (peer to peer, “entre iguais”), a rede de economía colaborativa máis importante do mundo.

 

Existe un espazo físico onde esté A Redeira?

Ata o momento estamos nos medios dixitais (web, redes sociais, correo electrónico, Meet Up, etc.) e cando organizamos algunha actividade é na Casa Azul, pódelas ver na nosa axenda. Aínda así, dende o concello nos din que pronto teremos o espazo disponible na sede de Rúa Santa Clara.

 

Quen forma parte de A Redeira?

Para saber quen forma parte tes que formar parte ou acudir a algunha actividade. Mentras podes ver como evoluciona a comunidade Redeira neste gráfico inspirado no equipo de Crec.

Para calquera aportación que queiras compartir para construir este espazo de todas as persoas non dubides en porte en contacto con nós a través de este formulario.