Nace Bruxuleando
O pasado mes de xullo tivemos a posibilidade de xuntarnos para seguir construíndo xuntas.
As persoas que forman parte da iniciativa redeira de A Toda Vela e a asociación Pontebrújula organizaron un encontro para coñecerse e crear vínculos e rede.

Que é Pontebrújula?
Pontebrújula é unha asociación que xurdiu en 2020 en Pontevedra. O seu obxectivo é crear un espazo onde compartir coñecementos, inquedanzas, oportunidades e consellos. As persoas que a conforman reúnense unha vez á semana.
Para ser parte desta iniciativa non precisas máis que ser una persoa inqueda. Podes ser estudiante, emprendedora, empresaria, traballar por conta allea ou xubilada. O requisito fundamental é ter ganas de compartir coñecementos, experiencias e axudar no desenvolvemento personal e profesional da rede.
O primeiro encontro de moitos
Dende que o proxecto de A toda Vela comezou en A Redeira moitas son as persoas que mostran o seu interese de xerar redes con valores compartidos. Por iso, pouco a pouco este grupo de persoas con inquedanzas compartidas vanse xuntando para crecer xuntas.

Durante esta primeira xuntanza organizáronse pequenos grupos de traballo co fin de conectar e facer rede.
Foi fantástico volver a ver persoas que, por mor da pandemia, hai moito tempo que non tiñamos a oportunidade de ver como o caso de Mari Carmen da Asociación de Mulleres Amarinda de Mourente.
As colaboracións seguen a fluír tamén no mundo on line. No podcast de Pontebrújula podes coñecer tamén as persoas de A Redeira a través das entrevistas mensuais.
Comments are closed