Iria Figueroa e os cafés empáticos

Dende hai uns meses a nosa Redeira Iria Figueroa lanzouse coa iniciativa de CAfés Empáticos. Consiste en compartir un café para crear un espazo no que che sintas libre para falar e expresar o que necesites. Son encontros de ti a ti para falar de ti, saber a que estás, cales son os teus soños, medos, charlar sobre o teu futuro e de como crees que che inflúe o pasado. Son momentos onde compartir dúbidas, dilemas e reflexións.
Dende que comezou tiveron cabida moitos encontros de ti a ti con ela. Aquí tes o artigo na Voz de Galicia.
Inquedanzas comúns en Empatía & co
Ao mesmo tempo estes espazos de escoita, leváronnos a identificar inquedanzas comúns que merecen ser compartidas en colectivo. Por iso, creamos os Empatía & co.
En cada encontro, charlaremos sobre a importancia de conectar, de coñecer as nosas emocións e charlar sobre elas. O obxectivo é falar sobre como nos sentimos a través de compartir pensamentos, crenzas e opinións coa finalidade de aprender a coñecernos mellor.
Dende os Cafés con Empatía descubrimos emocións compartidas e reflexións colectivas que todas as persoas experimentamos durante estes meses. Somos conscientes que a rede de apoio conxunto é un mecanismo para identificar como avanzar e construír en compañía.
Se tes algún tema de interese que che apeteza compartir en Empatía & co non tes máis que escribirnos a ola@aredeira.gal
Comments are closed