A Redeira no Pont Up Store

Dende hai cinco anos a comunidade redeira sempre participa no Pont Up Store.

Pont Up Store é unha cita anual co emprendemento de Galicia que se organiza en Pontevedra durante o mes de setembro. Dende hai sete anos que xurdiu esta iniciativa reúnese persoas emprendedoras, profesionais, estudiantes, inversoras, institucións, empresas e medios de comunicación para apoiar a innovación, a colaboración, a formación, a financiacion e o emprendemento creativo. Organízanse charlas, mesas redondas, talleres e encontros para compartir coñecemento e ideas.

Durante este ano 2021, e no contexto da crise do covid, dende A Redeira queremos fomentar unha xuntanza para coñecernos, reencontrarnos, rir e aprender das nosas aventuras emprendedoras. É momento de saír da caixa para descubrir persoas e proxectos e construír novas ideas.

Os nosos encontros son sempre de conectar dende a espontaneidade, a creatividade e os bos momentos.

Aquí tes o resumo das anteriores edicións de A Redeira no Pont Up Store.

«Unha hora = 60 segundos» en 2019

Durante a edición de 2019 celebramos unha Xuntanza baixo o lema Un hora = 60 segundos. Economía social e bancos de tempo.

Reflexionamos sobre como os bancos de tempo poden axudar a fomentar a igualdade na cidadanía xa que unha hora ten o mesmo valor para todas as persoas: 60 minutos.

Charlamos sobre as diferentes iniciativas que se están a levar a cabo dentro do movemento dos bancos de tempo: proxectos relacionados cos centros penitenciarios, actividades nos centros de saúde, sesións de colaboración entre persoas emprendedoras, accións nos centros educativos dende as persoas máis cativas ata a xuventude universitaria, clubes de lectura, accións sustentables orientadas a diminuir o consumo, etc.

A Enredadeira en 2019

Durante a edición da Pont Up Store de 2019 organizamos A Enredadeira. Tratouse dun encontro creativo entre persoas que forman parte de distintas comunidades creativas de Galicia e Portugal.

Máis de 120 persoas sumáronse a un xantar creativo con participantes de institucións públicas, proxectos, centros educativos, asociacións e empresas como WordPress Pontevedra, Asociación de mulleres Amarinda, WOW, Local de Música de Pontevedra, Finsa, Espacio Arroelo, Down Pontevedra Xuntos, Ticket2Europe, FP Oroza, universidade de Vigo ou instituto Valle Inclán e as persoas emprendedoras dos stands do Pont Up Store.

Lideirándote en 2018

Baixo o título de «Lideirándote», en 2018 compartimos as nosas lideiras en relación cos nosos soños, necesidades e inquedanzas profesionais no bar El Pequeño Karma de Pontevedra. Ao final da sesión cada persoa se levou o seu propio plan de acción, para que as lideiras deixasen de selo e se transformasen nunha realidade.

A Barbecho en 2017

En 2017 xuntámonos para compartir ideas coas que que recomezar en barbecho tras o parón do verán. Utilizamos una pequena planta para traballar coa metáfora de que novas ideas e proxectos queríamos facer medrar. Nun ínitmo enctron no bar A Rectoral compartimos inquedanzas e pasos para adiante dende a perspectiva de persoas emprendedoras con ganas de facer en boa compañía.

Categories:

Tags:

Comments are closed