A Redeira no Climate Kic
O pasado ano dende A Redeira participamos do proxecto Climate Kic. EIT Climate-KIC é a Comunidad Europea de Innovación e Coñecemento que traballa para acelerar a transición cara a unha economía libre de emisións de carbono. Co apoio do Instituto Europeo de Tecnología, órgano da Unión Europea, EIT Climate-KIC identifica e potencia a innovación capaz de mitigar o quecemento global e combatir o cambio climático.
EIT Climate-KIC conta cun amplo abanico de programas de educación por toda Europa destinados a institucións, estudiantes e profesionais. Dende a Redeira solicitamos participar dun dos seus proxectos para construír novas alianzas futuras.

En concreto, contamos coa visita dende Estonia de Triin Viilvere. O proxecto consistía en desenvolver durante un mes unha iniciativa que axudase a promover as políticas de sustentabilidade e o modelo de cidade de Pontevedra cara mundo.
Con tal fin e en colaboración coa nosa comunidade e Tilda Einarsson, decidimos crear a campaña Copy Pontevedra.
Que é Copy Pontevedra
Triin e Tilda pensaron cal podería ser a formula para mostrar o impacto do modelo de cidade sostible de Pontevedra cara o mundo. Tras coñecer a varias persoas redeiras, decatáronse de que tiñan puntos en común. Moitas delas escolleron un bo día cambiar o seu lugar de orixe e mudar cara a Pontevedra por razóns relacionadas coa calidade de vida da nosa contorna. Por tanto, ¿que mellor forma de amosar o modelo de Pontevedra que a través da sua cidadanía?
O longo dun mes púxose en marcha Copy Pontevedra. Fixéronse entrevistas a persoas redeiras de outros paises do mundo que optaron por facer de Pontevedra a súa cidade. Dende Suecia con Elisabet, ata Perú con Melissa, pasando por Italia con Francesco ou Concha dende Madrid, contaron as súas motivacións para decidir que Pontevedra é o seu lugar. As entrevistas están en inglés pois desta forma outras cidades poderán comprender que é o que a cidadanía valora e así poidan servir de inspiración para virar cara a novas formas de facer.
Porque o final a cidade é das persoas e o noso modelo de cidade xira en torno a ese concepto. Dende a Redeira fomentamos que a cidadanía aporte ideas e propostas para crear xuntas. E se podemos axudar a que outras cidades fagan o mesmo, benvida #copypontevedra.
Se queres seguir participando desta proposta non tes máis que escribirmos e compartiremos a túa historia.
Comments are closed