NomadArte

O vindeiro día 28 de setembro, dúas das nosas #persoasredeiras Elisabet de Zengoala e Ana Alfonsín de Molan mis calcetas, organizan a actividade NOMADARTE.

Totalmente a man, as persoas que participen realizarán un atrapasoños con cada técnica dos colaboradores: Elisabet de Zengoala axudará a poñer a pluma para facer debuxos marabillosos e colgalos nun aro que será realizado co apoio de Índigo no seu taller; e Ana de Molan mis calcetas poñerá o toque final, ensinando pequenos nós onde as persoas que participen crearán a telaraña que atrapará os seus soños e ilusións.

A presentación será na Casa da Luz ás 10h, pero este evento é nómada, iso quere dicir que formaránse grupos para que as persoas que participen visiten e coñezan os talleres das empresas colaboradoras.

Totalmente gratuíto, incluíndo o material, pero si se quere pódense traer os aveños de costura, tesoiras e agullas, ainda que non é necesario… só traer moitas ganas de sorprenderse… xa que é un nivel moi doado.

Para apuntarse é necesario que se escriba a: admin@molanmiscalcetas.es

Horario de 10h a 13h.