A Enredadeira na Pont Up Store

Pont Up Store – Sábado 21. De 13.30 a 16.30. De balde.

O pasado sábado 21 de setembro do 2019 celebramos A Enredadeira, evento argallado entre a Pont Up Store, FINSA e A Redeira para que as persoas que representan a comunidades de diferentes ámbitos e ubicacións de Galicia e Portugal, se coñecesen e inspirasen mutuamente, e cremos que logrouse con creces!

Poidemos disfrutar duns petiscos especiais proporcionados por El Rincón de los Momentos,  actuacións fermosas de Beatriz Andino e Concha Orzaz (que nos puxeron os pelos de punta) e dinámicas divertidas (Verbena Creativa) grazas a equipa de persoas voluntarias de A Redeira: Inés, Alfonso, Mer, Alejandra, Jusmaira, Abel, Cristina, África e Mariem.

Foi un día memorable… para repetir! Cremos firmemente que se pode crear unha Rede de Redes!!!! 

Grazas mil a todas as persoas que asistiron das comunidades de:

CIFP Oroza: Centro Integrado de Formación Profesional en Pontevedra.

Universidade de Vigo: centro de formación universitaria.

Finsa: empresa do sector de transformación da madeira.

Son de Xeve: asociación cultural de Xeve (Pontevedra).

Escola de Deseño Industrial: escola universitaria de deseño industrial da Universidad da Coruña.

Local de Música: centro sociocultural do Concello de Pontevedra adicado á música.

IES Valle Inclán: centro educativo en Pontevedra.

Creative Habitat: comunidade de coworkings que conecta Galicia e Portugal.

Amarinda: asociación de mulleres de Cons (Mourente, Pontevedra).

Pont Up Store: iniciativa anual de apoio ao emprendemento e ó incremento da cultura emprendedora promovido polo Campus Crea da Universidade de Vigo.

Espacio Arroelo: espazo de coworking en Pontevedra.

Buy Nothing (Pontevedra): plataforma de intercambio de productos entre persoas de Pontevedra.

Shokkin International: rede de asociacións xuvenís da Unión Europea.

Ticket2europe: asociación de Pontevedra que desenvolve proxectos europeos para a xuventude .

Sende: espazo de coworking e coliving en Senderiz (Ourense).

Wow: espazo de coworking en Oporto.

Banco do Tempo de Vigo: iniciativa do Concello de Vigo para intercambiar bienes, servizos ou coñecementos por tempo.

Wekco: Espacio de coworking da Coruña.

En Poio: asociación de persoas empresarias do concello de Poio.

Teta Meiga: asociación de apoio de lactancia materna e crianza en Pontevedra.

Campusiño:espazo de co- creación, experimentación e emprendemento en Compostela.

Down Pontevedra Xuntos: asociación que facilita a inclusión das personas con síndrome de Down e con discapacidade intelectual en Pontevedra.

Dalle que Dalle: espazo de coworking en Villagarcía de Arousa.

Consulta y crece:rede de networking na Coruña e Vigo.

Estudo Bonobo: escola de artes en Pontevedra.

Música Viva: Asociación de Pontevedra que promover a Música en Vivo.