Cadros con personalidade (Lara y Yanina)

Lara e Yanina organizarán un obradoiro que irá encamiñado a xuntar dous aspectos: a arte e o ser humano como lenzo. Para iso, os asistentes do taller pintaranse mutuamente tendo como inspiración a impresión artística que lle proporciona a outra persoa.

Desta forma, xuntaríase o concepto da expresión das emocións a través da arte e a experiencia propia da conexión con outros cunha experiencia diferente.

Representar o que che transmite unha persoa a través da arte e do bodypainting, utilizando a súa propia cara como lenzo. Traducindo estas sensacións a cores e formas.

O obradoiro terá unha duración de dúas horas e podes inscribirte no seguinte email aredeirabodypaiting@gmail.com