Cidade colaborativa con Freshysweet

Freshysweet Axencia Junior, participará no proxecto Cidade Colaborativa seguindo o exemplo do artista francés JR.

JR tamén é coñecido como o «fotógrafo clandestino», porque toma fotografías en branco e negro, amplíaas a enormes escalas e, son pegadas en grandes muros de grandes cidades ao longo de todo o mundo.

O proxecto partirá da base e obxectivo de ser a ferramenta fundamental para a visibilización da cidade colaborativa, transformando o interior do espazo nunha especie de escaparate, no que haberá fotografías de todos aqueles que participan no proxecto, seguindo o estilo de JR.