Coleccionistas de Historias con Jennifer Gan

A fotógrafa Redeira Jennifer Gan coñeceu as mulleres da Asociación Amarinda durante o encontro Inspira. Elas compartiron os seu proxecto de memoria fotográfica co que a veciñanza está a reconstruir historias pasadas da zona de Mourente.

A partires desta inspiración creativa, Jennifer propuxo facer unha exposición fotográfica coas mulleres da asociación que son as protagonistas das fotos antigas que están a recuperar… No mes de decembro prepararán a ideación do proxecto para poder comezar as sesión no mes de xanerio. Logo poderemos coñecer as historias destas mulleres coleccionistas de historias, patrimonio, persoas e momentos.