Entrenamento en felicidade con Lucía Lourido

A Redeira Lucía Lourido pensa que a felicidade é unha capacidade que como tal pódese entrenar para acadar pouco a pouco un maior grao de desenvolvemento. Por iso, propón á Redeira obradoiros mensuais, dunha hora de duración, nos que compartirá ferramentas dinámicas que contribúen a mellorar o benestar e a incrementar os nosos niveles de felicidade. En cada sesión probaremos unha técnica diferente: arte, corpo e movemento, escrita, lectura entre outros recursos creativos.