Familia Creativa – “Lideirándote”

As familias creativas son reunións para crear rede, compartir coñecemento e intercambiar experiencias para evolucionar en grupo.

Nesta ocasión, enmarcada dentro da programación da Pont Up Store e grazas a Marcos do El Pequeño, a Familia Creativa tivo o título de “Lideirándote”. Creamos un obradoiro de “autolideirado” para comezar ben “o curso” trala etapa estival. Falamos das nosas lideiras, relacionadas cos nosos soños/necesidades/inquedanzas profesionais. Ao final da sesión, cada persoa levouse o seu propio plan de acción para que as lideiras deixen de selo e se transformen en realidade.

#pontupstore2018 #aredeira_pontevedra #familiascreativas #elpequeño