Familia Creativa Abril

FAMILIAS CREATIVAS!

Todas as persoas que queiran vir á Casa da Luz o vindeiro mércores 25 de abril ás 19h están invitadas, so teñen que premer neste link: http://meetu.ps/e/F6X3r/DkxbR/a

Como as pasadas edicións das FAMILIAS CREATIVAS, durante hora e media compartiremos coñecemento, vivencias e oportunidades que existen preto de nós. Nesta ocasión, presentaremos A REDEIRA, un proxecto apaisoante de creación de rede e peto colaborativo, tendo como protagonistas as persoas que viviron xa algunha das actividades feitas A REDEIRA RUFA, A REDEIRA LAREIRA, WORK PARTY CLUB e FAMILIAS CREATIVAS.

Por outra banda, celebraremos tamén a primeira A REDEIRA INSPIRA para que vivamos de primeira man esta actividade, na que contamos coa Asociación de mulleres Amarinda de Mourente. Mulleres xenerosas e lectoras, virán a contarnos un proxecto que teñen en marcha por Mourente. Están a dixitalizar fotografías de persoas da contorna, co obxectivo de recuperar historias, vivenzas e vidas.

Tras falar entre nós, intercambiando os nosos contactos e experiencias, teremos tempo para tomarnos algo na praza da Verdura.