Lareira con David

O protagonista é David de Concienciatec, un profesional en axudarnos a sacarlle o máximo partido ás novas tecnoloxías.

David quere coñecer canto de importante é a produtividade nas empresas, se é común utilizar ferramentas para mellorala e cales son as máis utilizadas.

Porque a todos e todas nos sonan nomes como “nube”, carpetas, control de tempos… Pero, que facemos no noso día a día?

O vindeiro mércores 28 de novembro ás 18:30h persoas de empresas, asociacións empresariais, profesionais, mestres/as, teñen unha cita na #lareira.

A asistencia a esta Lareira é con invitación, pero se queres formar parte, escríbenos a: ola@aredeira.gal e falamos!

#aredeira_pontevedra #pontevedrate #produtividade #empresa#colaboracion