MINDFULNESS CON RAQUEL NA ASOCIACIÓN TETA MEIGA

O luns 18 de marzo, a nosa Redeira e mestra de mindfulness e ioga Raquel Flores, asistirá a unha das reunións da Asociación e Grupo de Apoio á lactancia Materna TETA MEIGA, para ensinarlles ás familias Teta-Meigueras que así o desexen, a adquirir o hábito de dar espazo na súas axetreadas vidas ao silencio e á escoita interna que tantos beneficios producen en todos os ámbitos da nosa vida.

A sesión se desenvolverá a través dunha sencilla práctica ao alcance de todas as familias. Como ela mesmo di, o Mindfulness é unha actitude interna que pode ser de gran axuda para as familias e dotalas dunha maior presencia e plenitude na crianza.