“O IMPERIO CONTRACACA” NA EEI CRESPO RIVAS

“O IMPERIO CONTRACACA” NA EEI CRESPO RIVAS

O pasado mes de xaneiro o alumnado da EEI Crespo Rivas entre 3 e 5 anos, estivo a traballar para a nosa a cidade, ideando solucións para resolver unha problemática que afecta a toda a cidadanía: as cacas de can por rúas e parques que as personas responsables “esquecen” recoller e que ás veces, levamos para as nosas casas nos zapatos.

Aquí algunhas das súas ideas:

– Poñer carteis recordatorios de que hai que recoller, con emoticonos do WhatsApp
– Recordarlles que as persoas cegas non poden ver as cacas
– Pegar carteis recordatorios nas árbores
– Poñer sinais de cartulina feitas por elxs
– Mandar cartas a casa para avisar coa mensaxe seguinte: “é asqueroso pero hai que recoller”
– Máis policías para que vexan quen fixo caca
– Chamar polas casas preguntando quen ten can, e se o teñen, dicirlles que teñen que recoller
– Uns altavoces que avisen que se deixan a caca
– Se atopamos unha caca a limpamos nós
– Areneros para cans
– Un baño para cans: “un caquero”
– Que fagan pis e caca na casa e que logo salgan a pasear
– Cámaras gravando
– Poñerlle cueiros aos cans e cadelas
– Poñer de multa limpar todas as cacas

E isto é solo o principio pois seguen a traballar para poñer en marcha accións para loitar polo seu dereito a disfrutar de rúas e parques limpos e sen excrementos.
Grazas Crespo Rivas polas vosas aportacións e o voso tempo á Redeira!. Seguimos atentas ao voso “Imperio contracaca”

Se queres ter máis información, preme eiquí: http://www.edu.xunta.gal/centros/eeicresporivas/