Encontros A Voz das Mulleres con Lidia Luna

A voz das mulleres xorde do taller do mesmo nome; un taller de escritura e narrativas, dirixido a mulleres que queiran contar a súa propia historia coñecendo a diferentes autoras dentro da literatura e o pensamento, tecendo a memoria das mulleres que nos acompañaron e das que vos habitan.

A proposta para A Redeira é facer unha serie de encontros ao redor dos temas que articulan o taller. Un espazo aberto ao diálogo no que compartir experiencia neste tema, a riqueza das voces que xurdiron nas diferentes edicións, e explorar a práctica da escritura como unha ferramenta para que se escoite a voz das mulleres nos ámbitos persoal, comunitario e social. Unha voz que ao longo da historia non foi marxinal, senón silenciada; non só nos espazos públicos e privados, senón tamén na narrativa posterior.

Dirixido a calquera persoa interesada na materia, se queres máis información: https://narrativasyotraslunas.com/

Primeiro encontro: martes 12 de marzo de 18h a 20h.

Se te están entrando unhas ganas tolas de formar parte de A VOZ DAS MULLERES, mándanos un correo a ola@aredeira.gal