Obradoiros WordPress con Juan Hernando

Xa temos data para o segundo Obradoiro de WordPress Iniciación do mes de maio da man de Juan Hernando. Algúns xa o coñecedes, para os que non, que saibades que é un apaixonado do deseño e do desarrollo web, e imos ter a sorte de compartir o seu coñecemento e a súa longa experiencia profesional na materia.

Aquí vos deixamos os contidos do obradoiro:
¿Como modificar o aspecto da miña web en WordPress? Temas, editores, maquetadores…
Xa temos o noso WordPress instalado… pero queremos que se vexa distinto. Que opcións temos? Que é un tema premium? E un tema fillo? Por que non se parecen aos seus demos? Podo colocar as cousas ao meu gusto? Menús, widgets, Gutenberg… que é todo isto? Aprenderemos como modificar os estilos da nosa web para que quede o máis parecido posible á páxina que sempre soñamos.

Así que animádevos a desfrutar desta sesión de coñecemento e bo rollo con Juan Hernando, que nos axudará moitísimo a achegarnos ao mundo do WordPress, da mellor das maneiras.

Non fai falta que traias nada 🙂

Se tes algunha dúbida escríbenos ao email ola@aredeira.gal, do mesmo xeito, se non podes acudir, comunícanolo con anterioridade para poder dispoñer da tua plaza.