Obradoiros WordPress con Juan Hernando

Xa temos data para o terceiro Obradoiro de WordPress Iniciación do mes de xuño da man de Juan Hernando. É un apaixonado do deseño e do desarrollo web, e imos ter a sorte de compartir o seu coñecemento e a súa longa experiencia profesional na materia, ademáis encántalle!!.

Aquí vos deixamos os contidos do obradoiro:
Como engadir funcionalidade a WordPress?. O mundo dos plugins.
Que é un plugin?. Cantos plugins son demasiados?. Como elixir o plugin perfecto para o que necesito?. Que me recomendas para facer X co meu WordPress?. Todas estas preguntas e moitas máis terán resposta neste obradoiro. Probaremos algúns dos plugins máis populares e coñeceremos que funcionalidades pódense engadir a WordPress de maneira fácil e gratuíta.

Así que animádevos a desfrutar desta sesión de coñecemento e bo rollo con Juan Hernando, que nos axudará moitísimo a achegarnos ao mundo do WordPress, da mellor das maneiras.

Non fai falta que traias nada 🙂

Se tes algunha dúbida escríbenos ao email ola@aredeira.gal, do mesmo xeito, se non podes acudir, comunícanolo con anterioridade para poder dispoñer da tua plaza.