Quedada Tejeril #gorrosmile

Axudando á iniciativa creada por Marcos (@bremmard) a través de Instagram, a nosa redeira Ana Alfonsín de  Molan mis calcetas únese para crear máis #gorrosmile para as criaturas de @tanzaniasmile.

 

Queres axudarnos? Como podes facelo?

É moi fácil, temos ata o día 15 de novembro para tecer un gorro ou todos os que queiramos, si sodes áxiles coas agullas farédelos cos ollos cerrados pero si necesitades unha axuda poderedes atoparme en Espazo Arroelo o luns 4 de novembro de 16 a 19, alí acompañareivos e para aquelas persoas que non saibades tecer, poderedes achegar o voso tempo facendo pompones e adornos para os gorros que tezamos…será divertido e para unha boa causa!!

Doutra banda, para as persoas que queredes achegar pero non podedes vir ese día, podedes ver na miña web como se tece un gorro super fácil:

https://molanmiscalcetas.es/aprende-gorros-tejidos-pompon/

Onde entregar os gorros?

Tedes dous lugares onde podedes deixalos a nome de Ana Alfonsín de Molan os meus calcetas:

1.Espazo Arroelo

C/Michelena 11, terceiro

36002 Pontevedra

2. Las Xela

C/Pazos Fontenla 19

36002 Bueu

Pontevedra

 

Que pasará cos gorros?

Para axudar a estas criaturas a ter unha vida un pouco mellor, o 15 de novembro abrirase un mercadillo solidario en Madrid onde todo o diñeiro sacado da venda dos gorros destinaranse a esta causa.

Tezamos un mundo mellor!!Tezamos sorrisos!!