Redeira Inspira – Construcción conxunta do Ecosistema e do Peto Colaborativo

Queremos contarche que A Redeira avanza paseniño e a bo ritmo. Eso si, no seu devenir o máis importante é contar coas aportacións, ideas e propostas das persoas que pouco a pouco a ides construindo. 
Por iso, queremos convidarche a unha sesión de inspiración creativa para o próximo día martes 4 de decembro, de 19.00 a 20.30 na Casa Azul.
Estes son os obxectivos principais:
1. Compartir os primeiros borradores do funcionamento que pode ter A Redeira. A partires da inspiración do noso proxecto irmán La Colaboradora e doutras inicitivas que imos descubrindo, creamos un Documento inicial. Agora ben, trátase simplemente dunha primeira versión sobre o que traballar e idear a partir das  propostas da comunidade Redeira que pouco a pouco, vai tomando forma.
2. Unha vez que vos mostremos estas ideas, durante esta sesión inspiradora, gustaríanos coñecer a vosa perspectiva para co deseñar entre todas as persoas redeiras o día a día deste proxecto de cidade colaborativa.
3. Pretendemos crear nesta sesión un espazo de coñecer, descubrir, e poñer caras as persoas redeiras que se están a sumara este movemento de cidade. Para iso, propoñémosvos unha sesión dinámica, entretida e chea de inspiración colectiva.
Se queres unirte só tes que confirmarnos no email ola@aredeira.gal
Esperamos contar contigo para construir entre todas as persoas a nosa cidade colaborativa.