Redeira Rufa Emprendedora

A axencia de comunicación junior da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo Freshysweet, inaugurou a primeira Redeira Rufa na Casa Azul, un espacio de libertade no que compartir e crear rede.

Non é doado resumir todo o acontecido en hora e media, o que sí podemos dicir é que ficamos abraiadas coas súas aportacións. Propuxímoslles que, dende a máis absoluta liberdade, compartisen ideas sobre tres cuestións: o que queren que se siga mantendo na cidade, o que queren desterrar dela e o que queren empezar a facer. E quedamos marabilladas con tantísimas aportacións, que dito de paso, foron moito máis numerosas no relativo ao que queren empezar a facer, o cal xa nos da unha idea da proactividade e motivación deste xoven equipo. Dentro do que queren que se manteña destacaron “a positividade e o humor, a diversidade, a libertade, a creatividade, as actividades nas rúas e as Noites Abertas e o galego”. En relación ao que non queren, salientaron “os xuizos, a violencia, a represión, a discriminación e o machismo”. E respecto ao que queren empezar a facer ou que se faga, a modo de resumen falaron de “clases máis activas (escola máis dinámica), maior interculturalidade, máis intercambios culturais entre centros de ensino entre países para favorecer unha maior integración social e conectarnos co mundo, máis proxectos interesantes para a cidade, máis fomento do feminismo e un ensino máis baseado en experiencias e non tanto en coñecementos teóricos”. Terminaron a sesión propoñendo actividades como webs series, videoclips, construir grandes equipos para termos grandes empresas e actividades musicais entre outras, coa finalidade de cambiar o mundo cara a unha maior apertura de mente, que favorezcan o respecto e a liberdade das persoas”.

Botando novamente man das súas propias palabras, marchamos da sesión con “enerxía, ilusión, honestidade, experiencia, contaxio, bo rollo, ganas, inspiración e unha maior conexión”

Agradecidas é pouco….

Podes ver o vídeo resumo na seguinte ligazón: Vimeo Redeira Rufa Emprendedora