Lareira con Eduardo

O xoves 5 de abril pola tarde,de 18:30 a 20:00, tivo lugar a primeira Redeira Lareira na Casa da Luz.

O tema a tratar nesta primeira REDEIRA LAREIRA proveu do emprendedor Eduardo Seisdedos, o cal quiso recadar información acerca da Importancia e aplicación da sostenibilidade nas empresas, base do seu proxecto empresarial.

Durante case dúas horas, as persoas invitadas nesta primeira convocatoria (pertencentes ao mundo do asociacionismo empresarial, da grande empresa, da peme, de profesionais independentes e da Administración Pública), deron as súas opinións en relación coa sostenibilidade e a súa aplicación no mundo empresarial, proporcionando así a Eduardo unha ampla visión dos diferentes puntos de vista acerca da viabilidade do seu proxecto.

Se es unha persoa emprendedora ou empresaria que anda a darlle voltas a algún novo proxecto, testar un produto ou queres coñecer as opinións doutras persoas nun tema concreto que che está a preocupar, so tes que enviar un correo electrónico, e o equipo de A Redeira – Lareira estará encantado de coñecer o teu caso e organizar contigo a vindeira Lareira que será a finais do mes de Maio.

Toda a información no email: ola@aredeira.gal.

 

 

page1image4993504page1image5780896page1image5774448page1image5006384page1image5792960