Redeira Inspira I

A Redeira Inspira de abril foi ben inspiradora si. As mulleres da Asociación Amarinda de Mourente, compartiron os seus proxectos coas persoas que asistimos a inspirarnos. Nos contaron a que andaban. Un proxecto de memoria fotográfica co que a veciñanza está a reconstruir historias pasadas da zona, un proxecto que pertence a Memoria en rede do Concello de Pontevedra. Ademáis de disfrutar da súa compaña e historias, puidemos escoitar os proxectos futuros que tiñan en marcha. Compartiron con nós, a súa intención de poñer en marcha un Clube de Lectura para salientar a labor das mulleres na literatura.


Pois ben. Trala súa intervención as redes comenzaron a atarse, poñendo algunhas das persoas asistentes no seu coñecemento, a axuda que lle podían prestar para avanzar co proxecto. A Asociación de Mulleres Amarinda compartiu horas do seu tempo, que puideros empezar a trocar pola axuda que necesitaban, grazas ao peto colaborativo.


Na sesión tamén, outras persoas asistentes puxeron de manifesto o que podían aportar á rede, polo que se estableceron conexión noutros eidos.


Foron tales as coñexións, que o 14 de xuño a Asociación de Mulleres Amarinda estrea Clube de lectura. Un exemplo claro do poder da rede, da axuda mutua e do valor de compartir.