Reunión Sistemas

O pasado xoves 24 de OUTUBRO o noso redeiro David López fixo unha acción formativa para a implantación e manexo do Peto Colaborativo co fin de que as persoas redeiras poidan transferir de forma autónoma o seu tempo unhas coas outras.

Foi unha reunión moi ben aproveitada, na que persoas de diversos sistemas, e tamén novas incorporacións á Redeira, comezaron a utilizar o Peto Colaborativo mediante a ferramenta Time Overflow.

Se queres saber máis sobre o uso porque non puideches vir, podes falar con nós mediante o correo electrónico ola@aredeira.gal, ver a información no apartado de Peto Colaborativo ou agardar á próxima sesión formativa que será para finais de mes.