REUNIÓNS SISTEMAS ALÉN DOS MARES e TRIPLE BALANCE

O vindeiro xoves 28 de febreiro vémonos de novo para co-xestionar A Redeira, nesta data temos dúas reunións de 19 a 20h:

ALÉN DOS MARES: participar de “Cidades Colaborativas” (encontros mensuais con La Colaboradora para inspirarnos mutuamente), e facer de persoas “Embaixadoras Redeiras” trasladando A Redeira máis ala da nosa cidade (nacional e internacional)

TRIPLE BALANCE: apoiar na ideación sobre a política de sosteñibilidade de A Redeira, e apoiar en facer posible o “Reto Social” (iniciativa anual para axudar a buscar solucións a un problema local e xerar un impacto positivo a nivel social, económico ou ambiental)

Lembra que se queres unirte a estes sistemas tes que avisarnos por correo electrónico: ola@aredeira.gal, xa que son mediante inscripción previa para xestionar o aforo.

Aquí tes os resumo do que tratamos nas reunións:

No sistema de Triple Balance, Eduardo e Elisabet comprometéronse a reflexionar sobre o troco do nome hacia un concepto relacionado máis coa responsabilidade ou a sostenibilidade. Tamén reformularon o obxectivo do sistema: o fin é crear un laboratorio para as ideas ou propostas sostibles para a cidade. En relación con isto, traballarán sobre o manifesto ou principios de responsabilidade de A Redeira para poñelo en común co resto de sistemas. Por último, decidiron elaborar un formulario para valorar a cultura/sensibilidade en relación coa sostenibilidade.

No sistema de Alén dos Mares, as persoas participantes Carlos, Xosé, Fermín, Berta, Nacho, Marcos, África e Andi, decidiron trocar o nome, pasará a chamarse “Alén dos Marcos”. Ademáis, decidiron crear a figura das persoas “Chimpinas” como aquelas que son conectoras con outras comunidades coa filosofía parecida a A Redeira. Asi mesmo, decidiron crear un mapa en google no que compartir ás ubicacións de iniciativas con propósitos compartidos; Deste xeito, poderánse conectar as persoas con valores compartidos coas que seguir construíndo un mundo cheo de oportunidades.
No enlace que vos damos podedes ver un primero borrador organizado por categorías. Traballarase neste modelo nas vindeiras reunións.