REUNIÓN SISTEMA TRIPLE BALANCE

O vindeiro xoves 28 de MARZO vémonos de novo para co-xestionar A Redeira, nesta data temos unha reunión de 19 a 20h:

TRIPLE BALANCE: apoiar na ideación sobre a política de sostenibilidade de A Redeira, e apoiar en facer posible o “Reto Social” (iniciativa anual para axudar a buscar solucións a un problema local e xerar un impacto positivo a nivel social, económico ou ambiental)

Lembra que se queres unirte a estes sistemas tes que avisarnos por correo electrónico: ola@aredeira.gal, xa que son mediante inscripción previa para xestionar o aforo.

Aquí tendes o resumo do que tratamos na reunión: Na reunión falouse de pensar nun nome de sistema que enganche e de que tamén se vai facer un test vivencial baseado nos obxectivos de desenvolvemento sustentable co obxectivo de ver o nivel de concienciación e identificar carencias. Por outro lado, crearase un manifiesto con ideas básicas xeral ou máis desglosado e se está a dar voltas á idea do Laboratorio de sustentabilidade, para iso se está a pensar en facer un vídeo para presentarnos e demandar vídeos coas preocupacións das persoas.