Reunións Sistemas COHESIÓN REDEIRA e PARA CHULA, A MIÑA PARRULA

O vindeiro martes 26 de febreiro vémonos de novo para co-xestionar A Redeira, nesta data temos dúas reunións de 19 a 20h:

COHESIÓN REDEIRA: integrar ás novas personas en A Redeira (contarlles que é, funcionamento, etc.), axudar a crear equipo.

PARA CHULA, A MIÑA PARRULA: axudar a facer posible “Para Chula, a miña parrula”(encontros para fomentar o feminismo e a diversidade) e axudar a fomentar o uso dunha linguaxe inclusiva que teña en conta a realidade social.  Como sabedes, algunhas das persoas que participáchedes nas pasadas reunións, tiñades claras as vosas preferencias. Pola contra, persoas que dubidaban sobre o sistema no que podían encaixar, tiveron a oportunidade de coñecer máis polo miúdo en que consiste cadanseu e polo tanto, decidir coa información que vos proporcionamos, en qué sistema lle apetece aportar o seu coñecimento e experiencia de vida.

Lembra que se queres unirte a estes sistemas tes que avisarnos por correo electrónico: ola@aredeira.gal, xa que son mediante inscripción previa para xestionar o aforo.