Reunións Sistemas COMUNICACIÓN e PETO COLABORATIVO

O vindeiro martes 26 de MARZO vémonos de novo para co-xestionar A Redeira, nesta data temos dúas reunións de 19 a 20h:

COMUNICACIÓN: apoiar na visibilidade da “Familia Redeira” (xerar contido, redes sociais….).

PETO COLABORATIVO: xestionar o software “Time Overflow” para contabilizar as horas do peto, e xestionar a ferramenta “Graph Commons” para dar visibilidade ás colaboracións de A Redeira.

Lembra que se queres unirte a estes sistemas tes que avisarnos por correo electrónico: ola@aredeira.gal, xa que son mediante inscripción previa para xestionar o aforo.

Aquí tes un resumo do que tratamos nas reunións:

COMUNICACIÓN: Nesta segunda reunión chegamos á unha definición de que é a Redeira nunha sola frase para incluir no manual. Ata a próxima reunión, faremos un testeo entre a cidadanía, para comprobar se esa definición á que chegamos é entendíbel. Acordouse facer tamén, un decálogo de o que é e o que non é A Redeira, e un pequeno párrafo para incluir folla de inscrición de A Redeira, onde as novas persoas redeira, firmen o seu compromiso de aportar as 12 horas ó ano.

PETO COLABORATIVO: Na reunión de sistemas estivemos a “trastear” na ferramenta do Peto Colaborativo onde se rexistrarán os intercambios de tempo, as ofertas e as solicitudes de todas as persoas que forman parte do Peto. En breve estará a pleno rendimento, xa vos avisaremos para que poidades utilizala!.