Reunións Sistemas COMUNICACIÓN e PETO COLABORATIVO

O vindeiro mércores 27 de febreiro vémonos de novo para co-xestionar A Redeira, nesta data temos dúas reunións de 19 a 20h:

COMUNICACIÓN: apoiar na visibilidade da “Familia Redeira” (xerar contido, redes sociais….).

PETO COLABORATIVO: xestionar o software “Time Overflow” para contabilizar as horas do peto, e xestionar a ferramenta “Graph Commons” para dar visibilidade ás colaboracións de A Redeira.

Lembra que se queres unirte a estes sistemas tes que avisarnos por correo electrónico: ola@aredeira.gal, xa que son mediante inscripción previa para xestionar o aforo.