Reunións sistemas IDEACIÓN COLECTIVA e INSPIRACIÓN CREATIVA

O vindeiro luns 25 de febreiro vémonos de novo para co-xestionar A Redeira, nesta data temos dúas reunións de 19 a 20h:

INSPIRACIÓN CREATIVA: axudar a facer posible as “Redeira Inspira” (sesións para merar ideas que inspiren á cidadanía), as “Redeira Rufa” (encontros para xerar ideas e propostas a través da infancia e a mocidade), as sesións do “Work Party Club” (encontros de traballo en inglés) e as “Familias Redeiras” (formacións e obradoiros das persoas redeiras).

IDEACIÓN COLECTIVA: axudar a facer posibles as “Redeira Lareira” (encontros para facer aportacións e inspirar a persoas emprendedoras, empresas ou entidades), os “Almorzos Abordo” (almorzos para xerar e fortalecer alianzas e ideas entre A Redeira e a Universidade), os “En-foques” (encontros de persoa a persoa para buscar novas perspectivas).

 

Lembra que se queres unirte a estes sistemas tes que avisarnos por correo electrónico: ola@aredeira.gal, xa que son mediante inscripción previa para xestionar o aforo.