Reunións sistemas INSPIRACIÓN COLECTIVA + COHESIÓN REDEIRA

O vindeiro luns 25 de MARZO vémonos de novo para co-xestionar A Redeira, nesta data temos dúas reunións de 19 a 20h:

INSPIRACIÓN COLECTIVA: axudar a facer posible as “Redeira Inspira” (sesións para merar ideas que inspiren á cidadanía), as “Redeira Rufa” (encontros para xerar ideas e propostas a través da infancia e a mocidade), as sesións do “Work Party Club” (encontros de traballo en inglés) e as “Familias Redeiras” (formacións e obradoiros das persoas redeiras), as “Redeira Lareira” (encontros para facer aportacións e inspirar a persoas emprendedoras, empresas ou entidades), os “Almorzos Abordo” (almorzos para xerar e fortalecer alianzas e ideas entre A Redeira e a Universidade), os “En-foques” (encontros de persoa a persoa para buscar novas perspectivas).

COHESIÓN REDEIRA: integrar ás novas personas en A Redeira (contarlles que é, funcionamento, etc.), axudar a crear equipo.

Lembra que se queres unirte a estes sistemas tes que avisarnos por correo electrónico: ola@aredeira.gal, xa que son mediante inscripción previa para xestionar o aforo.

Aquí tes o resumo do que tratamos na reunión:

INSPIRACIÓN COLECTIVA: Na reunión falamos das actividades inspiradoras organizadas mediante nomenclaturas dependendo da quen se dirixan ou do tema. Por exemplo, as actividades que estean organizadas para menores ou adolescentes agrupámolas baixo as Rufas; as orientadas á temática de organización, empresa ou profesional, Lareiras; aquelas que son de apoio á diversidade e igualdade, para chulas, etc. Tamén analizamos as novas inquedanzas e démonos de conta de que poderiamos traballar a Soidade nas persoas maiores, por iso unha das tarefas a realizar será pensar sobre ideas ou propostas orientadas a esa temática. Doutra banda, tamén nos xurdiu a preocupación do rural e das persoas que están máis afastadas do sistema, ben sexa por recursos económicos, conflitos bélicos, etc.

COHESIÓN REDEIRA: Nestes meses o sistema de cohesión estase a preocupar das persoas que queren ter máis información de que é A Redeira. Estamos a traballar nun vídeo que amose de forma sinxela en que consiste este movemento, se queres comentar o que sería para ti indispensable que estivese no video, escríbenos a ola@aredeira.gal, estaremos súper agradecidas pola túa axuda!.