Reunións Sistemas PARA CHULA, A MIÑA PARRULA e ALÉN DOS MARCOS

O vindeiro mércores 29 de MAIO vémonos de novo para co-xestionar A Redeira, nesta data temos dúas reunións de 19 a 20h:

ALÉN DOS MARCOS: participar de “Cidades Colaborativas” (encontros mensuais con La Colaboradora para inspirarnos mutuamente), e facer de persoas “Embaixadoras Redeiras” trasladando A Redeira máis ala da nosa cidade (nacional e internacional)

PARA CHULA, A MIÑA PARRULA: axudar a facer posible “Para Chula, a miña parrula”(encontros para fomentar o feminismo e a diversidade) e axudar a fomentar o uso dunha linguaxe inclusiva que teña en conta a realidade social.

Lembra que se queres unirte a estes sistemas tes que avisarnos por correo electrónico: ola@aredeira.gal, xa que son mediante inscripción previa para xestionar o aforo.