Xuntanza na Pont Up Store

Sábado 21. De 19.00 a 21.00. Sala X, facultade de Belas Artes.

A Redeira continuou na Pont Up Store celebrando a Xuntanza. Nesta ocasión a titulamos: Unha hora = 60 minutos. Economía social e bancos de tempo.

Así comezamos, reflexionando que unha hora ten o mesmo valor para todas as persoas: 60 minutos; e tamén sobre as diferentes iniciativas que se poden levar a cabo nos bancos de tempo, como poden ser: proxectos relacionados cos centros penitenciarios, actividades nos centros de saúde, sesións de colaboración entre empresarios/as, accións nos centros educativos dende as persoas máis cativas ata a xuventude universitaria, clubes de lectura, accións sustentables orientadas a diminuir o consumo, etc.

Comentamos tamén os proxectos futuros nos que A Redeira está a traballar e que próximamente informaremos na web e nas RRSS, tales como: accións co alumnado do IES Valle Inclán ou con dous facultades da Universidade de Vigo, alianza co proxecto Buy Nothing (intercambio de produtos entre persoas), etc., accións orientadas as liñas estratéxicas marcadas na xuntanza do mes de xuño desde ano.

Quedounos no tinteiro máis exemplos e máis actividades, pero o tempo é o que é, e niso as persoas de A Redeira estamos moi concienciadas 😉 Así que, ata a próxima!