Xuntanza no mes de febreiro!!!

Ola redeirxs!
Escribímosvos para dicirvos dúas novas:

– Cambio de sala: será na sala Liñares (no primeiro andar, subindo as escaleiras metálicas que atopades ao fondo (pasando o ascensor).

– Atrezzo de entroido: como xa estamos a piques de celebrar o entroido, queremos pedirvos que traiades un disfraz ou complemento, que represente “que lle pediríades ao peto ou á xente do peto”
Se ainda no te apuntaches, mándanos un correo a ola@aredeira.gal

Que ves con compañía? Benvidas todas as persoas que queiran coñecer A Redeira en plena acción! Confírmao tamén 🙂

Grazas!

Equipo A Redeira

—————————————————————————————————-

O vindeiro xoves 20 de FEBREIRO ás 19:00 temos a primeira Xuntanza da Redeira do ano 2020!!!

Xuntarémonos para vernos, poñermos ao día acerca do Peto Colaborativo e outras accións redeiras, tomar decisións en asemblea e tamén falaremos do crecemento da comunidade e do futuro.

Falaremos sobre as sesións de visibilización de A Redeira na universidade e tamén sobre a importancia da comunicación, entre outras cousas.

Confírmanos a través da meet up, ou escribindo un correo a ola@aredeira.gal para poder organizar a Xuntanza.

O Lugar será a casa Azul, na sala Valdecorvos ás 19h e ata as 20:30. A sala está no primeiro andar, subindo as escaleiras metálicas que atopades ao fondo (pasando o ascensor).

Que ves con compañía? Benvidas todas as persoas que queiran coñecer A Redeira en plena acción! Confírmao tamén 🙂