Peto Colaborativo

O Peto Colaborativo é unha ferramenta de troco de tempo, de activación entre as personas que conforman A Redeira. É unha posibilidade de movilizarnos, relacionándonos para desenvolver o dinamismo da cidade, grazas ás persoas qua a construimos aportando o noso tempo, ideas, habilidades,…, co fin de crear unha economía alternativa máis social.

Algúns dos valores do Peto Colaborativo son: compromiso social, estimulación das capacidades e dos talentos das persoas, solidariedade, liberdade, diversidade, cooperación e valorización do tempo que se aporta e se recibe.

Poder aportar tempo tanto de diversas formas:

Se xa estás dado/a de alta no Peto Colaborativo, accede a ferramenta Time Overflow aquí. 

Se xa estás dado/a de alta no Peto Colaborativo e queres descargar a aplicación móvil do Time Overflow, tes aquí os enlaces:

Se xa estás dado/a de alta no Peto Colaborativo e vas facer unha actividade grupal, consúltanos a ola@aredeira.gal así te axudamos na difusión do evento, na ideación e no control de transferencias de tempo. 

COXESTIÓN

A Redeira se xestiona a través de 7 SISTEMAS, o obxectivo é que as persoas que forman parte deste proxecto local e queiran formar parte activa do funcionamento da A Redeira o fagan a través dos sistemas, cuxa finalidade dos mesmos é:

EQUILIBRIO SOSTIBLE: apoiar na ideación sobre a política de sostebilidade de A Redeira, e apoiar en facer posible o “Reto Social” (iniciativa anual para axudar a buscar solucións a un problema local e xerar un impacto positivo a nivel social, económico ou ambiental).

COHESIÓN REDEIRA: integrar ás novas personas en A Redeira (contarlles que é, funcionamento, etc.), axudar a crear equipo.

INSPIRACIÓN COLECTIVA: axudar a facer posible as “Redeira Inspira” (sesións para medrar ideas que inspiren á cidadanía), as “Redeira Rufa” (encontros para xerar ideas e propostas a través da infancia e a mocidade), as sesións do “Work Party Club” (encontros de traballo en inglés) e as “Familias Redeiras” (formacións e obradoiros das persoas redeiras), axudar a facer posibles as “Redeira Lareira” (encontros para facer aportacións e inspirar a persoas emprendedoras, empresas ou entidades), os “Almorzos Abordo” (almorzos para xerar e fortalecer alianzas e ideas entre A Redeira e a Universidade), os “En-foques” (encontros de persoa a persoa para buscar novas perspectivas).

PETO COLABORATIVO: xestionar o software “Time Overflow” para contabilizar as horas do peto, e xestionar a ferramenta “Graph Commons” para dar visibilidade ás colaboracións de A Redeira.

ALÉN DOS MARCOS: participar de “Cidades Colaborativas” (encontros mensuais con La Colaboradora para inspirarnos mutuamente), e facer de persoas “Embaixadoras Redeiras” trasladando A Redeira máis ala da nosa cidade (nacional e internacional).

COMUNICACIÓN: apoiar na visibilidade da “Familia Redeira” (xerar contido, redes sociais….).

PARA CHULA: axudar a facer posible a aceptación da diversidade, de que todas as persoas somos diferentes. Por iso existe “Para Chula, a miña parrula”(encontros para fomentar o feminismo e a diversidade) e tamén se fomenta o uso da linguaxe de persoa.

Se queres participar na xestión dalgún sistema e vir algunha reunión, non deixes de contactar con nós e se cadra podemos axudarvos na vosa toma de decisión. De calquera xeito, sabedes que A Redeira non é unha estrutura estática, senón pola contra, orgánica e chea de dinamismo na que as persoas poden cambiar e aportar nos diferentes sistemas cando elas o decidan.

A Redeira inspírase no proxecto de La Colaboradora de Zaragoza Activa, onde tras 6 años dende que comezou, participan máis de 450 persoas que desenvolveron proxectos sociais e empresariais na cidade.

Aquí mostramos como evoluciona a comunidade Redeira para construir a cidade colaborativa en Pontevedra.

 

Podes contactar para formar parte a través deste cuestionario.