A Redeira PO2 quere axudar a transformar o funcionamento do noso concello, facéndoo máis solidario e afín ás persoas e o planeta. 

A crise que estamos a vivir por mor da COVID 19 está a demostrarnos que o ser humano sobrevive grazas ao apoio e axuda mutua das persoas. Crear redes en torno ao movemento PO2 é un obxectivo que queremos acadar, mobilizando a participación cidadá, o mundo da empresa e demáis axentes clave para que isto suceda. 

O noxo principal obxetivo é a creación e o seguemento de redes con valores compartidos en liña coa sustentabilidade, xustiza social e participación democrática e solidaria, apoiando a visibilidade do concello noutros lugares, centrándonos en catro grandes alicerces: colaboración e solidaridade, desenvolvemento circular, territorio aberto, feminista e diverso e cidade de oportunidades. 

Lembramos que o Efecto PO2 traballa en liñas de acción para a emerxencia climática, impulsando políticas que Pontevedra xa ten en marcha como é o modelo urbán que reduce o CO2, avanzar na redución da “huella” ecolóxica nos biorresiduos, así como chamar á mobilización da nosa cidadanía con respecto a converter o mundo nun lugar herdable para as nosas crianzas.  

Categories:

Tags:

Comments are closed