Cidades colaborativas

A Redeira é un proxecto do Concello de Pontevedra que nace e se inspira no programa La Colaboradora de Zaragoza Activa,  programa premiado en Eurocities 2016 que recoñece as iniciativas que melloran de forma sustancial a vida da ciudadanía e Premio Ouishare 2015 para entrar na red P2P (peer to peer, “entre iguais”), a rede de economía colaborativa máis importante do mundo.

A Redeira e La Colaboradora compartirmos encontros mensuais para compartir coñecemento, ideas e perspectivas con fin de construir paulatinamente unha rede de #cidadescolaborativas.

Pouco a pouco pretendemos axudar a expandir a rede entre outras cidades con valores compartidos. En concreto, coas cidades que desenvolven La Colaboradora noutras rexións e países (por exemplo, en Arxentina na provincia de Santa Fe).