Familias Creativas

As familias creativas son reunións mensuais para crear rede, compartir coñecemento e intercambiar experiencias para evolucionar en grupo.

Levamos máis dun ano organizando estes encontros nos que falamos de habilidades de comunicación, xestión emocional, optimización de tempo, experiencias empresariais, necesidades de intercambio…

Podes vir se estás a traballar, se tes unha empresa, se estás a buscar a túa oportunidade de traballo ou se queres inspirarte con intelixencia colectiva.

Se queres participar só tes que inscribirte neste link.