Redeira Lareira

A Redeira Lareira é unha oportunidade para que as persoas emprendedoras ou empresarias poidan obter información acerca dun tema que lles preocupa ou lles interese.

Mediante una sesión grupal de hora e media de duración, parecida ao focus group, se alenta ás persoas invitadas a discutir acerca das súas reaccións ante un tema preparado previamente pola persoa moderadora da Lareira.

No mundo empresarial este tipo de sesións son unha ferramenta moi útil para recibir retroalimentación de temas concernentes ao seu negocio, como por exemplo: produtos, nomes de marcas ou incluso no ámbito organizativo.

Se tes algunha cousa á que lle deas voltas e queres debatilo con máis persoas, esta é a túa oportunidade de facelo! Envíanos un correo electrónico a ola@aredeira.gal e estaremos encantadas de organizar a túa Lareira.