A Redeira – Efecto PO2 ou PO2 En Rede quere axudar a transformar o funcionamento do noso concello, facéndoo máis solidario e afín ás persoas e o planeta. 

A Crise que estamos a vivir por mor da COVID 19 nos está a demostrar que o ser humano sobrevive grazas ao apoio e axuda mutua das persoas. Crear redes en torno ao movemento PO2 é un obxectivo que queremos acadar, mobilizando a participación cidadá, o mundo da empresa e demáis axentes clave para que isto suceda. 

O noxo principal obxetivo é a creación e o seguemento de redes con valores compartidos en liña coa sustentabilidade, xustiza social e participación democrática e solidaria, apoiando a visibilidade do concello noutros lugares, centrándonos en catro grandes pilares: Colaboración e Solidaridade, Desenvolvemento Circular, Territorio Aberto, Feminista e Diverso e Cidade de Oportunidades. 

Lembramos que o Efecto PO2 traballa en liñas de acción para a emerxencia climática, impulsando políticas que Pontevedra xa ten en marcha como é o modelo urbán que reduce o CO2, avanzar na redución da “huella” ecolóxica nos biorresiduos, así como chamar á mobilización da nosa cidadanía con respecto a converter o mundo nun lugar herdable para as nosas crianzas.  

Categories:

Tags:

Comments are closed