Dende a Rede PO2 fomentamos un espazo de pensamento e oportunidades, a través dunha rede de intercambio de tempo
a toda vela
Se tes un proxecto, unha idea ou ganas de avanzar no teu desenvolvemento persoal, solicita participar no programa A toda vela.
Recibirás acompañamento personalizado de forma individual.
Tamén poderás participar nas reunións grupais de axuda mutua.
Se queres participar consúltanos: ola@aredeira.gal
ALÉN DOS MARCOS
Tecemos alianzas con axentes diversos: persoas, espazos creativos, empresas, proxectos municipais e movementos cidadás no ámbito autonómico, estatal e internacional.
Xa estamos a colaborar con: Pont Up Store, PonteBrújula, Espacio Arroelo, Creative Commons Local Point, Ticket2europe, Anceu Coliving, Enpoio, Asociación de Mulleres Amarinda, De Vella a Bella, Asociación Bancos de Tempo, La Colaboradora etc.
CONECTANDO-NÓS
Propón e participa en actividades grupais de intercambio de coñecemento, ideas, propostas, etc.
Desde A Redeira axudámosche a levalas a cabo e a compartilas coa rede.
Algunhas das que a Rede PO2 está a organizar son: De Vella a Bella, Empatía & Co, Cafés Empáticos, Sofá Con ou Noites Abertas.
Ti a ti
Se queres podes intercambiar o teu tempo en reunións individuais con outras persoas da Rede PO2. O obxectivo é a inspiración mutua, achega de ideas e coñecementos para o impulso de novas iniciativas.
Se queres participar consúltanos para rexistrarte na nosa plataforma de Peto Colaborativo.

