Hai unhas semanas nosa redeira Ana púxose en contacto co equipo da Redeira. Tiña unha idea na cabeza desde hai tempo. Ela é unha apaixonada da calceta e en especial de como pode axudar as persoas tecedoras en moitos sentidos. É por iso que se lanzou a formar parte do equipo de voluntariado da asociación IAIA. Contámosche un pouquiño máis.

Que é a Asociación IAIA?

A misión da Asociación IAIA é fomentar a solidariedade, a colaboración e a axuda mutua entre as persoas, promovendo a autonomía, a participación social e o empoderamiento das persoas máis desfavorecidos, fomentando a súa participación na vida social e contribuíndo a diminuír as desigualdades sociais e económicas globais.

Dentro da asociación desenvolven distintas iniciativas. Por exemplo, no proxecto Tecendo Solidariedade técese unha peza cun obxectivo terapéutico, manter ocupadas as mans inquietas. Perséguese que a calceta convértase nunha ferramenta nunha ferramenta cotiá para mellorar o benestar de persoas con algún tipo de demencia, como é o Alzheimer.
Cada peza é única, tecida con agarimo e quere transmitir unha mensaxe para facer máis levadía a situación de quen a recibe: «Unha persoa teceu esta peza para que sintas que se preocupa por tí. Sente a calidez e a tenrura con que foi confeccionada. Unha IAIA teceuna especialmente para tí».

Como participar?

A nosa Redeira Ana ofrece os seus servizos totalmente gratuítos ás persoas desta comunidade solidaria para axudar a tecer os proxectos da LAIAIA.

Calquera pode axudar sen saber tecer, creando pompones, tricotines, coser botóns, etc

Reuniranse todos os venres de 16 a 18:30 para que unhas persoas axuden a outras a tecer os proxectos. Tamén podes tecer en casa, porque levas as instrucións do proxecto en activo para revisar as veces que necesites.

O pasado 3 de decembro, Ana organizou un encontro presentación ao que se sumaron varias persoas para poder seguir crecendo nesta comunidade solidaria en pontevedra.

Aquí deixamos un pequeno vídeo da xornada.

Quen é Ana e como conectar con ela?

Ana é guía de calceta on line e presencial en Galicia dende hai moito tempo coa súa empresa Molan mis Calcetas. Podes poñerte en contacto con ela no email admin@molanmiscalcetas.es ou no teléfono 698 145 096.

Categories:

Tags:

Comments are closed