A historia de Sofá Con

Volve unha nova edición de Sofa con. Este iniciativa xordeu o ano 2019 entre o instituto Valle Inclán e A Redeira. Entón, Ana Santos, unha das nosas persoas redeiras que era profesora deste centro educativo comentounos que quería desenvolver encontros de inspiración para o seu alumnado para celebrar os días internacionais. Con estas visitas perseguíase inspirar a xuventude a través de historias reais.

Sucedéronse moitos Sofás con , máis de 20 edicións. Contamos coa colaboración de moitas persoas de A Redeira que contaron as súas historias de vida no paraninfo do instituto. 

Acudiron redeiras de todas as idades. Xente nova como Pablo de Ticket2Europe para contar a súa experiencia no programa de European Voluntary Service ou Tilda para concienciar sobre a diabetes a través dun xogo de mesa que ela mesma deseñou. Tamén redeiras 60+ como as nosas mulleres da Asociación Amarinda para compartir as súas historias sobre as mulleres e a vida no rural. 

Unha iniciativa da xuventude activa, A Lámpara Maravillosa.

Este ano a nosa xuventude máis que nunca precisa seguir inspirándose para manter a súa motivación e continuar creando os seus soños para construir o seu futuro e crear novas redes. Por iso, fai unhas semanas o colectivo de A Lámpara Maravillosa púxose en contacto con nós para seguir organizando novas edicación de Sofás con.

A Lámpara Maravillosa está conformada por un grupo de xóvenes que organizan actividades para a xuventude grazas o apoio da asociación Ticket2Europe. Neste caso o obxectivo é un pouco distinto. As temáticas dos Sofás fanse en base as necesidades do alumnado. Compartiron con nós algúnhas das persoas que lles gustaría coñecer para inspirarlles na toma de decisións sobre o seu futuro persoal e profesional. A primeira demanda foi coñecer a personas que desenvolvan a súa vida en torno ó sector tecnolóxico.

Puxémonos en contacto cos nosos redeiros Juan Hernando e Agustín Jamardo para que contasen a súa historia de vida ó redor do deseño web e do mundo hacker. Ambos decidiron crear a sú vida a medida traballando en remoto e creando redes colaborativas de intercambio de coñecemento.

Sofá con Juan Hernando e Agustín Jamardo

Juan Hernando creou a súa primeira web en 1998 e dende enton axuda a mellorar WordPress e organiza a comunidade de WordPress en Pontevedra asi como a Pontevedra WordCamp. É un claro defensor da web aberta, os estándares e accesibilidade.

Pola súa banda Agustín Jamardo traballa como programador dende fai máis de 8 anos en Eleven Yellow. Traballou en remoto dende Bali a Polonia, Grecia ou China. O ano pasado fundou en Pontecaldelas Anceu coliving, un espazo para que nómadas dixitais traballen e vivan dende o rural galego. 

Opasado 24 de marzo de 16.30 a 17.30 compartiron a sú historia nesta primeira edición de Sofá con. Aquí deixámosvos uns pantallazos con tres notas mentais ben inspiradoras 😉

Categories:

Tags:

Comments are closed